Riosil / Valentín Carrera
por Carrera, Valentín [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Crónica.Editor: Vigo :Xerais de Galicia ,1990 Edición: 1990.Descrición: 178 p ;21cm.ISBN: 8475074960.Materia(s): 63 | Breogán | Lendas | PescaResumo: O mar céltico. A mítica plataforma dos pescadores de altura. O vello mar dos navegantes antigos. O mito de Breogán. A verde Irlanda. O peixe a pastorear nos fondos da inmensa chaira submariña. O Gran Sol. Pescadas, rapantes, marucas, rodaballos, sapos, luras, bacallaus... Velaquí a novela do mar a través dos seus principais protagonistas: a tripulación dun arrastreiro que fai as mareas da Chápelle, Penmac´h e Melville diante das costas de Irlanda e da Bretaña loitando pola supervivencia, apandando coas leis do mercado, a frustración e a soidade. Tamén coas normas da C.E.E., que se dictaron sen contar con eles. Galicia ten 1.300 quilómetros de costa, é a terceira potencia pesqueira do mundo e, sen embargo, carece dunha novela do mar. Decenas de barcos saen decote dos peiraos de Burela, A Coruña, Marín ou Ribeira cara ós ricos caladoiros do Gran Linguado. Unha boa parte da nosa poboación vive coma os homes do Riosil. Moitos acaban do mesmo xeito.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | Aula Hospitalaria do H. Álvaro Cunqueiro Sala préstamo | 82N CAR rio | Dispoñible | POB055000000455 |
|
Premio Blanco Amor 1990
O mar céltico. A mítica plataforma dos pescadores de altura. O vello mar dos navegantes antigos. O mito de Breogán. A verde Irlanda. O peixe a pastorear nos fondos da inmensa chaira submariña. O Gran Sol.
Pescadas, rapantes, marucas, rodaballos, sapos, luras, bacallaus... Velaquí a novela do mar a través dos seus principais protagonistas: a tripulación dun arrastreiro que fai as mareas da Chápelle, Penmac´h e Melville diante das costas de Irlanda e da Bretaña loitando pola supervivencia, apandando coas leis do mercado, a frustración e a soidade. Tamén coas normas da C.E.E., que se dictaron sen contar con eles.
Galicia ten 1.300 quilómetros de costa, é a terceira potencia pesqueira do mundo e, sen embargo, carece dunha novela do mar. Decenas de barcos saen decote dos peiraos de Burela, A Coruña, Marín ou Ribeira cara ós ricos caladoiros do Gran Linguado. Unha boa parte da nosa poboación vive coma os homes do Riosil. Moitos acaban do mesmo xeito.
3º-4º ESO